XXI XORNADAS SOGADOC, Lugo, 18 de novembro de 2011

2011_portada 2011_interior

Estimado/a compañeiro/a:

Na asamblea ordinaria da SOGADOC, celebrada na Coruña durante as pasadas Xornadas da Sociedade, designouse á cidade de Lugo como organizadora das XXI Xornadas anuais.

En nome de todo o Comité Organizador, é para min unha honra invitarvos a participar nestas Xornadas que se desenrolarán baixo o lema: «Os Servizos de Admisión en tempos de crise», e que terán lugar o vindeiro 18 de novembro no Hospital Lucus Augusti.

É un pracer ofrecervos un programa científico avalado pola presenza de 4 directivos dos Servizos de Saúde de Galicia, Euskadi, Madrid e Andalucía, así como por poñentes dos distintos Servizos de Admisión de hospitais da nosa Comunidade, e un espazo para as comunicacións. Para rematar faremos unha visita guiada ao Hospital Lucus Augusti.

Con todo elo, queremos que esta Xornada sirva para consolidar este encontro como un foro de debate para compartir experiencias profesionais entre os membros da Sociedade, e ao mesmo tempo, para fomentar as relacións de tipo persoal e lúdicas.

Agradecer á Xunta Directiva da SOGADOC a colaboración que nos brindou neste proxecto. Tamén é necesario expresar a nosa gratitude aos poñentes e moderadores pola súa dispoñibilidade ante a nosa solicitude.

Agardámosvos entre nós.

José Carlos López Somoza
Presidente Comité Organizador

A dirección da SOGADOC

Share Button